Summary: | Este traballo céntrase no uso das colocacións formadas polos verbos make, take e do e un nome
en textos escritos por mulleres nacidas e educadas en Norte América e Reino Unido no século
XIX. O obxectivo principal do estudo é comparar dous xéneros ben diferenciados, como son o que
forman, por un lado os textos literarios e, polo outro, os textos científicos. Ó mesmo tempo
quixemos centrarnos só en textos escritos por mulleres porque esta variable, o sexo, tirou
resultados interesantes en anteriores investigacións. Restrinximos a investigación a estes tres
verbos por ser os máis utilizados. O noso obxectivo é observar unha serie de variables
extralingüísticas para ver como inflúen no uso das colocacións nesta época ou se se poden
considerar relevantes dalgunha maneira. Entre as variables observaremos o xénero: ficción ou
ciencia; o período: de 1800 a 1900; a orixe das autoras: Irlanda, Inglaterra e Estados Unidos; a
idade das autoras á hora de publicar o libro e o tipo de texto do que proceden (cartas, ensaios,
tratados ou libros de texto). Para obter os datos da investigación utilizaremos dous corpus: un de
textos de ficción, que inclúe novelas escritas por mulleres e outro de textos científicos (o Coruña
Corpus (CC)). Do CC seleccionamos só mulleres que publicaron textos da rama de ciencias
naturais. Dentro deste eido, os textos pertencen ás seccións de ciencias da vida e de astronomía. // This work studies the use of collocations formed by the verbs make, take and do followed by a
noun in nineteenth century English in texts written by English-speaking women, born and grown up
in North America and the United Kingdom. The aim of this study is to compare two different
genres, fiction and science. We have focused our attention only on texts written by women
because this parameter, sex, has shown interesting results in previous studies. We have limited
this study to the search on these three verbs because they are the most widely used. Our aim is to use a variety of extralinguistic parameters to study their influence on the use of collocations in the
period under survey, or if they can be considered somehow relevant. The parameters applied will
be: genre (fiction and science), time-span (from 1800 to 1900), origin of the authoresses (England,
Ireland and United States), age of the author when the work was published, and text-types they
represent (letters, essay, treatise, text-book). To obtain our data two different corpora will be used:
a fiction corpus, that includes novels written by women and a scientific corpus (the Coruña Corpus
(CC)). From the CC we have selected only works written by women that belong to the field Natural
sciences. Within this field, the works belong to the Life Sciences and Astronomy sections.
|