Summary: | Este artigo quere pór de manifesto a importancia da compoñente xeográfica nos proverbios
meteorolóxicos e do calendario. Exponse que moitos refráns están estreitamente vinculados a un territorio concreto, de modo que resulta difícil comprender o seu significado sen ter en conta o espazo xeográfico no que se insiren (por exemplo, a localidade de recollida do refrán ou os topónimos incluídos no seu enunciado) e as características climáticas da zona. A incorporación da perspectiva xeográfica tamén permite acometer estudos de xeoparemioloxía (isto é, de análise da distribución espacial dos refráns), que permiten constatar a existencia de áreas paremiolóxicas, lugares onde se concentran determinados refráns; este enfoque tamén dá pé a realizar actividades en colaboración coas comunidades onde se recolleron os proverbios. Unha vez constatada a relevancia de tomar en consideración a xeografía dos refráns, o artigo presenta o proxecto Paremiología romance: refranes meteorológicos y territorio, desenvolvido na Universidade de Barcelona baixo a dirección de José Enrique Gargallo; descríbese brevemente a súa aposta por ofrecer a información xeográfica dun
modo accesible para o usuario e o potencial de explotación destes datos na investigación científica. // This paper aims to highlight the importance of the geographic component in weather and calendar proverbs. Many sayings are closely tied to a specific territory, so it is difficult to understand their meaning without taking into account the physical space they are inserted in (e.g., the locality where the proverb was collected or the toponyms mentioned in the saying) and its climatic characteristics. The incorporation of the geographic perspective also enables undertaking geoparoemiologic studies (that is, the analysis of the spatial distribution of proverbs), that verifies the existence of paroemiologic areas, zones with significant concentration of certain types of proverbs; this approach also gives rise to the development of activities in collaboration with the communities where the sayings were collected. Having established the importance of the geographic perspective, the paper presents the project Paremiología romance: refranes meteorológicos y territorio, developed
at the University of Barcelona under the direction of José Enrique Gargallo; the paper briefly
describes its commitment to provide geographic information in an accessible manner and the
potential exploitation of this kind of data in scientific research.
|