Summary: | O proxecto “Els refranys més usuals de la llengua catalana” (http://www.refranysmesusuals. cat/) conseguiu recoller, entre o mes de xaneiro do 2014 e o mesmo mes do 2015, 884 enquisas representativas dos territorios catalanfalantes. Despois de ter examinados os datos e unha vez elaborada unha clasificación xeral, propoñémonos contextualizar no ámbito romance os cinco refráns cataláns máis votados. Procuraremos os seus equivalentes romances e, cando sexamos quen de os atopar, comentaremos algún aspecto que nos pareza destacable. Aínda que no noso artigo a principal lingua de equivalencia sexa o galego, tamén teremos en conta boa parte das linguas romances, como o castelán, o francés, o italiano, o portugués, o romanés, o occitano, o friulano e, se cadra en menor medida, o asturiano. Finalmente, incluiremos as equivalencias en inglés das paremias máis populares. // The project “Els refranys més usuals de la llengua catalana” (http://www.refranysmesusuals. cat/) (The most common proverbs in the Catalan language) succeeded in collecting, between January 2014 and January 2015, eight hundred eighty-four (884) surveys from Catalan-speaking territories. Having examined the data and established a general ranking, our purpose is to contextualize within the scope of Romance languages the top five rated Catalan proverbs. Once we have the Romance equivalents, we will comment on the outstanding aspects of these proverbs. Although Galician is the main language of our article, we will take into account most Romance languages, such as Spanish, French, Italian, Portuguese, Romanian, Occitan, Friulian and perhaps to a lesser extent, Asturian. Finally, we will include the English equivalents of the most popular proverbs.
|